VEGANA

'La Palma: volcán e vida'

15feb(feb 15)17:3016abr(abr 16)20:30'La Palma: volcán e vida'ARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 15) 17:30 - (abril 16) 20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

 ‘La Palma: volcán e vida‘, un conxunto de impactantes fotografías e textos ao redor da erupción do volcán de Cumbre Vieja na illa canaria. A exposición é pioneira en amosar as fotografías da erupción e incorporar a primeira experiencia de realidade virtual obtida dun escaneado completo da colada e do cráter. Poderá visitarse ata o próximo 16 de abril no Teatro AFundación.

45 imaxes do fotógrafo palmeiro Abián San Gil, xunto con textos da poeta palmeira Elsa López, o chef José Andrés, o xornalista de viaxes Ander Izaguirre, o escritor de natureza Gabi Martínez e a psicóloga Belén Colomina conforman esta mostra.

Ademais das instantáneas e dos textos, a exposición ofrece unha experiencia de realidade virtual que recrea o volcán remontándose á súa historia a través de distintas xeracións da Palma. Esta creación de Carlos Seijo realizouse da man de Afundación a partir de 10.000 fotografías tomadas na Palma cun dron de última xeración, no que se narra a historia de varias xeracións marcadas pola resiliencia e a superación fronte á adversidade.

HORARIO:

De luns a venres: 17:30h a 20:30h

Sádado: 11:00h-14:00h / 17:30h-20:30h

Domingo: pechado

Máis

Hora

15 febreiro, 2022 17:30 - 16 abril, 2022 20:30(GMT+02:00)