REVISTA ABRIL

La Magia de Jorge Blass

05nov20:00La Magia de Jorge BlassESPECTÁCULOS | Desde 16,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Jorge Blass presenta novas e sorprendentes ilusións en 1 hora e media de espectáculo para toda a familia.

Sucederán efectos imposibles e visualmente espectaculares, con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e soñar o imposible.

A estrela da maxia americana David Copperfield declarou: “Jorge Blass eleva a arte da maxia a outro nivel”.

Neste espectáculo alucinarás coa súa extraordinaria forma de facer maxia. Jorge realiza novas ilusións con tecnoloxía do século XXI, un dron como axudante e moitas máis sorpresas.

“A súa maxia é distinta, espectacular” afirma o mestre da maxia Juan Tamariz. Con “A Maxia de Jorge Blass” vivirás en directo ilusións que cativaron a personaxes como Jackie Chan, Vin Diesel, Scarlett Johanson, Plácido Domingo ou ao mismísimo David Copperfield, quen adquiriu os dereitos dun truco que Jorge realiza no show empregando Redes Sociais e maxia, e que a estrela da maxia americana presentará no seu show de Las Vegas.

Espectaculares efectos máxicos cos que Jorge percorre o mundo actuando en teatros e televisións de Las Vegas, Hollywood ou Shangai. Os seus espectáculos foron premiados coa Varita Máxica de Ouro en Monte Carlo e o Premio Siegfried and Roy en Las Vegas. 

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)