VIALIA
PLAYDOC

Kora

11mar21:30KoraCONCERTOS | 8,00€21:30(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Desde a súa habitación e con só 20 anos, a artista catalá converteuse nunha das apostas máis claras do panorama independente nacional. Cun rexistro tan preto do jazz como da bossa nova, o blues, a electrónica e o pop, Kora conseguiu articular un discurso absolutamente propio, cun marco de referencias tan atípico como completamente necesario para entender novas narrativas para a música pop contemporánea. Por iso é polo que forme parte do roster de Spanish Bombs Management.

Tras dous anos sacando temas e EPs cunha boa acollida en plataformas, o pasado 2022 Kora presentou o seu album ‘Fuera de lugar’, composto por 11 temas nos que dá renda solta ao estilo que a caracteriza. Ao longo destas 11 cancións, Kora retrata sentimentos e frustracións da súa vida ata o día de hoxe ou, dito doutra maneira, fala de todo aquilo que a fixo ser ela.

Entre os 7 concertos que ten previstos atópase o da sala Kominsky onde estará sábado 11. A apertura de portas é ás 21:30h e o concerto comezará ás 22h.

A partir das 00:00h a festa seguirá da man de DJ Pálida, coa súa sesión “Noches en blanco”.

Precio único de 8€. Entradas á venta.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events