COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

José Gil

28out19:00José GilACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural e Veciñal de Valadares

Detalles do eventos

Co proxecto ‘José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema‘, que desembarca o venres 27 e sábado 28 de outubro na cidade olívica, quérese reparar o esquecemento sobre a vida e obra de José Gil, dalo a coñecer á veciñanza e á comunidade educativa da cidade que o viu medrar como cineasta, e poñer en valor o legado deste grande precursor cuxa obra atopa equivalencias na doutros pioneiros do cinema nos territorios periféricos da cinematografía mundial a comezos do século XX. Esta iniciativa é un proxecto de Vía Láctea Films, en colaboración con Cine na Rúa e a Editorial Galaxia, e financiado polo anterior goberno da Deputación de Pontevedra. Vigo é a parada número 24 da xira que comezou no mes de febreiro. 

Venres 27 no Museo MARCO
Pola mañá – proxeccións para centros de ensino e visitas ao cinemóbil
19:00 a 20:30 h – proxeccións de balde para o público xeral

Sábado 28 no Centro Veciñal e Cultural de Valadares
19:00 a 20:00 h – Visitas guiadas ao cinemóbil e Manolo González presentará o libro ‘Nos días encantados de agosto’, biografía de José Gil logo de 30 anos de pesquisas na vida e a obra do iniciador da arte audiovisual en Galicia
20:00 a 21:30 h – Homenaxe da Unión Musical de Valadares a José Gil

José Gil naceu en Rubiós (As Neves) en 1870, mais foi en Vigo onde medrou a súa paixón pola fotografía e o cine, converténdose a gran cidade do sur de Galicia no epicentro das súas operacións profesionais e familiares dende 1904 ata 1923, e posteriormente dende 1927 a 1937.

Na Galicia daquel tempo, José Gil foi o primeiro e o máis persistente traballador e artista a prol dunha arte, a do nacente cinema, non comprendida totalmente. Director, operador de cámara, fotógrafo, produtor, exhibidor de cine… E isto a pesar da súa vida tráxica, tamén de película, marcada polas enormes dificultades e desgrazas que tivo que atravesar, e tirando a pesar diso sempre cara adiante.

Sen lugar a dubidas Vigo foi o epicentro das operacións profesionais e familiares do cineasta dende 1904 ata 1923 e posteriormente dende 1927 a 1937, polo que debería configurarse como lugar central do evento. En Vigo estiveron as sedes das empresas fotográficas, cinematográficas e automobilísticas que desenvolveu ao longo do tempo. ‘Fotografía y cinematografía Gil’ (1910-1918); ‘Galicia Film’ (1919-1920) e ‘Galicia Cinegráfica’ (1921-1935), ademais da representación da empresa automobilística Ford (1914-1920). As devanditas marcas cinematográficas están consideradas como as primeiras produtoras da historia do cine galego. Unha boa parte dos emprendedores vigueses apoiaron o labor do cineasta mediante filmes industriais dende as grandes consignatarias ata a construción naval e turística ou a Xunta de Obras do Porto; algúns dos filmes consérvanse aínda como ‘Talleres Alonarti’ (1928), a bobina do ‘Cinemovil reclame’ (1929) e ‘Cariño’ (1929).

Máis

Hora

28 outubro, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural e Veciñal de Valadares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, Pontevedra

Other Events