VIALIA
bannerPicnicSesions

John Stowell e Atlantic Bridge Trío

03nov21:00John Stowell e Atlantic Bridge TríoCONCERTOS | Desde 6,00€21:00(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O guitarrista neoiorquino John Stowell leva máis de corenta anos encima dos escenarios de medio mundo. Tocou e gravado con músicos tan prestixiosos como Art Farmer, George Cables ou Milt Jackson. A súa forma peculiar de tocar a guitarra en posición diagonal achega o seu son ao do piano. Este instrumento, a trompeta e a influencia doutros guitarristas deron a forma definitiva a unha música recoñecida internacionalmente pola súa orixinalidade e convertérono nun dos principais guitarristas do jazz norteamericano.

Está no noso país para gravar en estudo e vai tocar en Vitruvia acompañado polo seu trío ibérico de referencia: Atlantic Bridge ou, o que é o mesmo, Alberto Conde (piano), Kin García (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería).

Entradas a 12€ nas primeiras filas e a 6€ nas zonas de visibilidade reducida.

Xoves 3 ás 21:00

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events