VIALIA
bannerPicnicSesions

Joao Tomba & Orchestra TDK Chrome

13set13:30Joao Tomba & Orchestra TDK ChromeCONCERTOS | De balde13:30(GMT+02:00) Deilán praia

Detalles do eventos

Estre domingo 13 de setembro as 13:30 teremos o novo asalto de Joao Tomba ao statu quo de conformidade e lugar común que se impón nesta nosa sociedade do século XXI.
Empeñado e maltratado polo poder, Joao exíliase en Chapela, poboación costeira próxima a Vigo, fuxindo das débedas e da mesquindade das autoridades locais que, lonxe de coidar aos seus artistas, parece condenalos ao ostracismo e á excomunión. Comeza así unha nova aventura para Joao, acompañado pola súa banda alternativa os Orchestra TDK Chrome. As 9 cancións que compoñen o disco son unha revisión da morte de Rolling Stones ou Burning, que non son moco de pavo. Joao fica no adolescente dos oitenta que nunca foi, para arrastrar co mellor dos criterios a nostalxia daqueles tempos de drogas, furia e emoción. Encargado de producir esta adorable aventura, selo Sweet Groove Records e encargado da portada o colectivo Narco-Tiza-Arte do que Joao é membro destacado. Gravado e mesturado en Eclipsis Studio por Paco Serén e Indy Tumbita. Masterizado por Nando Moure en Esmerarte.

Domingo 13 as 13:30 horas
Entrada libre

Máis

Hora

(Domingo) 13:30(GMT+02:00)

Localización

Deilán praia

barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa

Other Events