
25feb12:30Jessica RodríguezPEQUERRECHOS | De balde12:30 Fnac Vialia
Detalles do eventos
Este Sábado haberá sesión de contacontos con Jessica Rodríguez, a autora de ‘Péugo, o calcetín melenudo’, no Fnac. Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento
Jessica Rodríguez
Este Sábado haberá sesión de contacontos con Jessica Rodríguez, a autora de ‘Péugo, o calcetín melenudo’, no Fnac.
Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase ‘o calcetín tragouno a lavadora’, todas tivemos algún calcetín
desparello nalgún momento e todas tivemos un furado no calcetín e seguramente nalgún momento decidimos non
remendalo e tiralo ao lixo. A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta. O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el. Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades.
Sábado 25 ás 12:30h.
Acceso libre hasta completar aforo.
Máis

(Sábado) 12:30
Fnac Vialia
Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra