
Detalles do eventos
“Boas! Son Javi, de verdade, isto escríboo “de min pa’ti”. O que estás a ler é a sinopse do meu novo show, normalmente isto escríbese para explicar un
Detalles do eventos
“Boas! Son Javi, de verdade, isto escríboo “de min pa’ti”. O que estás a ler é a sinopse do meu novo show, normalmente isto escríbese para explicar un pouco de que vai o espectáculo, pero eu ademais aproveito para saudarche e darche a benvida.
Cóntoche un pouco: considero deportista de elite desde o que leva anos pensando en apuntarse a un ximnasio ata o que gaña a Volta España. Unha vez temos claro de que es un dos “deportistas de elite” ele xidos para formar parte do meu show, vou ser totalmente sincero; neste espectáculo falo da miña relación amor/odio co deporte e da febre deportiva que nos rodea, os dous sabemos que a xente se está volvendo tola, poida que sexas un deles, pero ti molas, os outros non tanto.
Vou explicar en confianza experiencias nas que estou seguro de que che vas a sentir identificado, entendo que non o chegues a recoñecer nunca por manter a túa dignidade, faino ti, que aínda podes. Ademais, vouche coar moitas cousas máis: traumas provocados polas miñas relacións sentimentais ao longo da miña vida, leadas de familia, actualidade sobre programas de televisión…
Se vés verme por ler isto, ao terminar o show disme “Veño polo que ti e eu sabemos.” Prométoche que o que pase no show, queda no show, pola miña banda, ti podes contar todo o que queiras ao saír. Seguramente liches sinopses moito máis chulas, pero o tema é que o dei todo montando o show e a isto xa cheguei “ mu cansao”. Espéroche no teatro!”
Máis
Hora
3 xuño, 2022 22:30(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual