REVISTA ABRIL

Jarfaiter

25nov21:30JarfaiterCONCERTOS | - 21:30(GMT+01:00) Molotov

Detalles do eventos

A música de Jarfaiter é un xute de pura violencia sen cortar. Un buco ao queixo. Deses que deixan os ollos en branco. Un drugo posto de moloko plus que che grita ao hipocampo en Nadsat. Un punki, un trailer park, un pibe chorro.

As súas rimas destilan rúa. Puro barrio. As letras das súas cancións cospen a realidade de España vistas desde o punto de vista dun mozo marxinal. Un eructo na cara do hippie. Un poeta cos cotobelos marcados e a garganta rota.

Nun ambiente musical no que o artificial apodérase do real, os concertos de Jarfaiter son unha experiencia única. Ademais, conta cun público fiel e dispar. Que rapero neste país provoca pogos nos seus directos? Vívese unha experiencia máis próxima a Eskorbuto que a Violadores do Verso. Pura adrenalina.

Jarfaiter é un artista multidisciplinar. Rapero, bandoleiro e actor. Sen ser trap, Jarfaiter é máis trap que o puro trap.

Venres 25 ás 21:30

Entradas esgotadas

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO

Other Events