REVISTA SETEMBRO

J.G.G. + Los Cuatro Amigo

07ago20:00J.G.G. + Los Cuatro AmigoCONCERTO | Taquilla inversa 20:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Este mércoles 7 ás 20:00h sesión dobre con dúas propostas musicais perfectas para estes días estivais. Por unha banda jordigege e por outra los Cuatro amigos, proxecto do ilustrador @a.mag.an.

👉J.G.G. é o proxecto unipersoal que Jordi Gegé puxo en marcha en 2013 para dar vida aos seus delirios exclusivamente instrumentais. A música de J.G.G. é un amálgama de sons provenientes dos puntos máis afastados da galaxia e o tempo pero cos pés postos no espazo e o presente máis inmediatos. As súas cancións en veces fan bailar, ás veces poden marear ou mesmo parecer esquivas, pero sempre teñen unha melodía que busca envolverche e engancharche.
O DIY ou faino-ti-mesmo é unha das bases da súa filosofía, e a maior parte da súa música foi autoeditada mediante as súas discográfica Edicións Populares. Tamén publicou a súa música con outros pequenos selos de Austria, Francia, Alemaña, Bélxica, Croacia e Xapón.

👉Os Catro Amigos é o alias musical de Andrés Magán, debuxante vigués que ademais fai música na banda Fantasmage. En “Colón & Jane”, o seu primeiro traballo (Edicións populares 2024) que estará a presentar en directo, Andrés reúne cancións gravadas ao longo dos últimos anos con guitarras, sintetizadores, gravacións de campo e máis cousas

Máis

Hora

7 agosto, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events