COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

IX Xornadas da Rede Galega Contra a Trata Sexual

15out10:0012:00IX Xornadas da Rede Galega Contra a Trata SexualACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 - 12:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

As Youtubers e influencers Towanda Rebels, cabeza de cartel da IX edición das xornadas da Rede Galega contra a Trata Sexual.

A Xornada retransmitirase en aberto a través da Canle de Youtube ‘Rede Galega’.

Este xoves 15 de outubro, celebrarase, como cada ano, as IX Xornadas da Rede Galega contra a Trata Sexual, organizada pola organización que recibe o mesmo nome e que conforman ata 10 entidades galegas do terceiro sector e unha investigadora.

Estas xornadas están destinadas a todas aquelas persoas que queren enriquecer os seus coñecementos sobre a realidade que viven as mulleres que están exercendo a prostitución e que a sofren como arma de violencia machista.
O obxectivo é o de achegar aos asistentes un plantexamento máis real da situación da trata con fins de explotación sexual a través das diferentes intervencións.

PROGRAMACIÓN

  • A xornada será inaugurada pola Secretaría Xeral de Igualdade.
  • As 10.20 h comezará a ponencia das famosas Youtubers e influencers Towanda Rebels, que acumulan máis de 35.000 seguidores en Instagram e Youtube. Elas analizarán as claves do sistema prostitucional, poñendo especial atención aos victimarios (proxenetas e puteros), e desarmarán os principais mitos en torno á prostitución para cambiar o paradigma social: as mulleres non estamos en venta.
  • Ás 11.00 h, Begoña Vera Guanche, do Programa Daniela-Oblatas Las Palmas G.C., xornalista e presentadora de Akelarre, programa emitido na Cadena Ser, fará unha valoración do plan de continxencia contra a violencia machista ante a crisis da COVID-19.
  • Ás 11.45 h Celsa Perdiz, xefa de servizo de Traballo Social na área de Ourense, Verín e o Barco, e profesora na Universidade de Vigo, falaranos de cómo funciona o servizo de Traballo Social Sanitario en tempos da COVID-19
  • Para rematar, cara as 12.20h, Carlos Villar Arévalo, portavoz da Rede Galega Contra a Trata Sexual e avogado especializado en Dereito de Extranxería, Migración e Inmigración, clausurará o acto.

Este ano, por motivos de prevención, as xornadas celebraranse de maneira virtual. Todas as persoas que así o desexen, poderán acceder de xeito moi sinxelo, a través da canle de Youtube oficial da Rede Galega Contra a Trata Sexual (@RedeGalega) , a todas as ponencias. Además, todas as asistentes poderán participar activamente das charlas a través dun chat en vivo para formular preguntas ou traer temas a debate que serán interpretadas por cada ponente ao final da súa intervención.

A Rede Galega Contra a Trata Sexual ten como obxectivo visibilizar o fenómeno da trata con fins de explotación sexual na nosa comunidade. As cifras e datos que se estiman de existencia de Trata en Galicia son a “punta do iceberg” dunha situación real na que a identificación das vítimas é moi complexa. A ONUDD estima que 1 de cada 7mulleres en prostitución é vítima de trata sexual e só 1 de cada 20 vítimas de trata é identificada nos países industrializados. En Galicia se detectan entorno a 2.000 vítimas de trata ao ano, e delas, o 80% son mulleres para a explotación sexual (Informe exploratorio de trata de persoas en Galicia: Silvia Pérez Freire, 2013).

As organizacións que compoñen actualmente a REDE Galega contra a Trata son:
Accem-Galicia, Adoratrices Ourense (Érguete Muller), Aliad-Ultreia Lugo, Asociación Faraxa Vigo, Cáritas Lugo (Programa Muller), Cáritas Ourense (Alumar), Ecos do Sur A Coruña, Médicos do Mundo Galicia, Oblatas Ferrol (O mencer), Oblatas Santiago (Vagalume) e a Investigadora Silvia Pérez Freire.

Máis

Hora

15 outubro, 2020 10:00 - 12:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!