ASNEVES
REVISTA MAIO

 IV Mercado Mona

29feb(feb 29)10:3002mar(mar 2)21:00 IV Mercado MonaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(febreiro 29) 10:30 - (marzo 2) 21:00(GMT+01:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O CC Gran Vía acolle a IV Edición do Mercado Mona de Arte e Ilustración que levará a cabo do 29 de febreiro ao 2 de marzo de 10:30 h a 14:00 h e de 16:30 h a 21:00 h na súa Planta 0. Un total de 24 artistas de gran talento, entre os que se atopan: Sapos e Culebras, Craneall, A Caixa da arte, Larissa R Lyra Studio, Yumi, Como peixe na auga, O Recuncho de Juliet, Anxo Guiances, Cornamenta Studio, Bupysbupys, UxíaFranri, Breaktime.art, Jenika, Equilicua, Chula, Aarón Moucho, Komorevi, Loki The Cat, Jose Francisco, Jack Andriano, Basseven, Sylustrando, Inspira Studio e Criser, pasaranse por este espazo. As persoas interesadas poderán gozar do traballo de 8 artistas cada día. O Mercado Mona ofrecerá unha variada selección de mostras de diferentes disciplinas: xoiería, ilustración, cerámica, moda, entre outras, permitindo ás persoas explorar e adquirir pezas únicas e orixinais directamente dos artistas.

Máis

Hora

Febreiro 29 (Xoves) 10:30 - Marzo 2 (Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events