REVISTA ABRIL

IV Aniversario SALITRE: Anthony Linell + Oxygeno

26mar23:00IV Aniversario SALITRE: Anthony Linell + OxygenoCONCERTOS | Desde 15,00€23:00(GMT+01:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

O sábado 26 de marzo, Salitre Vigo celebra catro anos de vida. Por primeira vez en canto a programación de club a promotora situarase nun espazo distinto, creando un forte vínculo coa Sala Rouge. O cartel confórmano: o sueco Anthony Linell; desde Berlin, Montero, e como talento emerxente e tamén sobresaliente; Oxygeno, desde o seu Lugo natal poñendo cara á nova canteira de produtores galegos. Catro anos de vida dan para moito aínda que sen unha pandemia polo medio desen para moito máis. Óscar e Rafa levan todo este tempo desviviéndose por crear cultura na cidade de Vigo, sempre ao rededor da música techno, un proxecto que naceu para a cidade e para cubrir de maneira firme unha enorme carencia deste xénero musical. Pero non podemos falar só de techno e de clubs xa que recentemente presentaron unha nova cara da marca, Mutante, unha fusión entre a pintura e a música de escoita, a cal tivo unha enorme acollida non só para a xente, senón tamén un gran recoñecemento na prensa local. Agora Salitre volve na súa mellor versión, deixamos ao carón os Mix_Series, tamén Relatorios Electrónicos e Mutante. Despois de dous anos desde aquela festa capitaneada por Sleeparchive que se cancelou por mor dos primeiros peches fronteirizos; Salitre volve ao club, a un novo club. A sala Rouge proporcionará a mellor experiencia, cun equipamento técnico ao nivel dos mellores clubs da peninsula. Anthony Linell, Montero e Oxygeno, xunto cos dous residentes Southear e Anxiety for Living completarán o line up.

O sábado 26 de marzo en horario de 23:00 a 06:00 na Sala Rouge.

Máis

Hora

(Sábado) 23:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events