REVISTA ABRIL

ISIUS

02abr12:30ISIUSCONCERTO | Desde 9,00€12:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O terceiro álbum do quinteto vigués componse de oito cancións cun alegre son atemporal.

Unha combinación de power-pop e americana entre potentes hitazos e cancións cheas de sentimento onde as guitarras son as protagonistas.

A confirmación de que ISIUS volvían, e máis guitarreros que nunca!, chega coa publicación de Little Bighorn. No seu terceiro álbum de estudo, os galegos están máis cómodos e desatados nunha volta ás esencias do power-pop que nos retrotrae aos sons dos 60 e aos grupos dos 90.

ISIUS desenvolveron un son tan familiar e próximo que parece feito noutras latitudes en lugar de en Vigo. O grupo composto Carlos, Edu, Roberto, José e Alberto asinan oito cancións cargadas de alegría, moita forza e potencia tanto no uso das guitarras como na sensibilidade dos seus momentos máis íntimos. A sensación de Little Bighorn é a de atemporalidade.

Gravado nos estudos de Paco Loco, este terceiro LP é un disco directo e menos acústico que os seus dous traballos anteriores, Songs From Everywhere (2019) e Fox & Castle (2020). Do mesmo xeito que se define como moito máis eléctrico e power-pop. “Este álbum diferénciase dos outros dous en que manexamos mellor os nosos instrumentos e estamos máis compenetrados” comenta a propia banda.

Afastados de calquera discurso conceptual sobre a súa obra; Little Bighorn se masca, ante todo, como un traballo no que un grupo de amigos gozan tocando música para facer vibrar a quen os escoite. Un pouso de madurez entendida en clave de gozo intrínseco á hora de compartir momentos na creación, composición e execución. E esa boa sintonía é o que transmite ISIUS en todas as súas cancións.

Máis