bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

23set20:00'Intuición' de Fajardo & TrilitrateESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00 Teatro Ensalle

'Intuición' de Fajardo & Trilitrate

Obra:
Intuición é un canto á observación, á música e á amizade. A sobrevivir, en definitiva. En palabras do“majorero”-Elixín Intuición como título porque me parece que é nela onde reside aesencia da miñavontade creativa (…). Efectivamente, o disco aborda cuestións múltiples pero sempre desde unhainquietude poética, unha reflexión imprecisa e bela pola que subxace a sabotaxe visceral ao obvio. Aintuición ábrese paso na súa máxima expresión e, ante o reto da paternidade (Deidad)-coa seguridadede non ter nada claro (Accidentes)-, anhela a viaxe pola viaxe (Xeometría / Xeoloxía). O lastre doraciocinio (Aprender-Desaprender) tórnase volcán pero, cal vertixe do músico fronte á experienciaescénica, é arrasado polo mar, purificado en salitre. Trascendemos. Chegamos a unha montaña onde ospodomorfos están tan integrados na roca que é case imposible o seu achazo de día (de noite é candoemerxen da traquita, cuberta polo líquen). Será sobre aspegadas dos nosos devanceiros, onde os recibanas meigas de Tindaya. Eiquí agárdovos.

Compañía:
Polas súas mans pasan as bases dunha nova canción de autor (…) ROCKDELUX Juan P. HolgueraJosé Antonio Fajardo procede de Fuerteventura e reside en Las Palmasde Gran Canaria. Dende que en2009 embarcárase por primeira vez nunha xira pola península, a súa carreira non fixo máis que madurarcara o intransferible; proxectada ó longo de varios singles e splits, un EP e tres álbumes o último doscales, Intuición, éde 2021.Fajardo desenvolveu unha dicción e un (non) control da súa propia voz fora de todo alcancecomparativo. O “majorero” o deixou todo ó marxe e é capaz de embargar o seu propio corpo, dedispoñer a palabra ó servicio dunhas cancións que perseguen verdade por todas partes. Dende avisceralidade ata a delicadeza máis fonda, a voz de Fajardo enfunda a súa propia estampa compositivade xeito fermoso e necesario. Como cauce para o arroio, as pezas viven de outras mitadescomplementarias.Ditas táboas aplican en igual medida ó acuñe compositivo, cun discorrer métrico que resulta tan precisocomo natural, e unhas estruturas nas que mostra e agocha segundo demande o discurso. Tensión edozura, suspense e repouso en cancións tan complexas no harmónico como sinxelas para a percepcióndo oínte (difícil empresa). Aínda que, medida e austeridade poidan funcionar como antesala formal,chegar a dar co contido é outra cousa… Aí se transluce toda unha pátina de emocións. Un arco da vellaque redime solemnidade, que difúndese dende a sinceridade e que, a modo, vai conformando formasestéticas esenciais.

Ficha artística: Canciones creadas e interpretadas por: Fajardo. Guitarra: Rubén Abad.Violín: Elena Vázquez.Acordeón: Marcos Padrón.Vídeo en vivo: Montse Piñeiro

Máis

X