COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Inauguración 'Trivial' de The Caver

23mai19:30Inauguración 'Trivial' de The CaverARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

The Caver desenvolve a súa obra cun estilo único, utilizando formas simples e contrastes nunha composición complexa de contido enigmático que navega entre o abstracto e o icónico con pezas que representan un mundo case onírico.

Aínda que o seu hábitat natural é a rúa, nesta ocasión The Caver tráenos ao noso espazo “Trivial” , unha colección de pezas que manteñen o seu característico estilo e que nos posicionan nestes tempos problemáticos e de gran separatismo social nos que somos facilmente vítimas da polarización e entramos en conflito mesmo con quen aparentemente comparten connosco o mesmo punto de vista. O planeta avanza con contraataques predicibles e a nosa vida practicamente depende da internet e do futuro.

É por iso que “Trivial” é unha fuga desta realidade a outra, onde se convida a aproveitar a importancia dos momentos máis simples da vida, como regar as plantas ou simplemente estar na xanela, dando valor ao agora e ao momento presente.

Unha colección de pinturas orixinais nas que a simplicidade das cores contrasta coa complexidade típica dos trazos do artista.

A exposición poderá visitarse ata o 18 de Xuño.

Máis

Hora

23 maio, 2024 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events