Inauguración 'Son regalos de vida, no juguetes'
Detalles do eventos
O 2 de decembro inaugúrase a nova exposición artística do CC Travesía. Baixo o nome ‘Son regalos de vida, no juguetes’, acóllese unha mostra composta por 18 ilustracións
Detalles do eventos
O 2 de decembro inaugúrase a nova exposición artística do CC Travesía. Baixo o nome ‘Son regalos de vida, no juguetes’, acóllese unha mostra composta por 18 ilustracións realizadas a man pola muralista galega, Eva Casais, que retratou coas súas acuarelas 9 animais que se atopan en adopción en 4 asociacións e canceiras municipais galegas.
O décimo animal protagonista dunha das ilustracións, garda unha mensaxe especial, trátase dun can, Taylon, que faleceu hai unhas semanas, no refuxio da Canceira de Poio, tras esperar durante máis de 5 anos o ser adoptado. Envelleceu nun canil sen chegar a conseguir a familia que necesitaba. Con este caso queremos visibilizar a importancia tamén das adopcións de animais adultos e anciáns, que se converten nos “invisibles” das adopcións.
Os animais en adopción atópanse en: Villa Peixiño, Os Biosbardos, Os Palleiros e La Isla de Tali.
A maiores, a exposición conta con 8 ilustracións de xoguetes que servirán de exemplo gráfico para a mensaxe da campaña, que busca concienciar sobre as adopcións responsables e a importancia de non regalar animais sen ser consciente das responsabilidades que implican. A campaña preséntase no período do Nadal precisamente pola importancia da mensaxe para os agasallos que se realizan nestas festas.
O acto inaugural ao que asistirá a ilustradora Eva Casais así como voluntarios representantes das 5 asociacións protectoras, terá lugar ás 17:00 horas, na planta -1, en Travesía Galería.
A exposición poderá tamén visitarse en liña desde a web de Centro Comercial Travesía a partir deste venres 2 de decembro: www.cctravesia.com
Máis
Hora
2 decembro, 2022 17:00(GMT+01:00)
Localización
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes