VIALIA
bannerPicnicSesions

Inauguración: Proxectos 2022 -parte 2-

14abr19:00Inauguración: Proxectos 2022 -parte 2-ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Temos o pracer de convidalo/a á exposición “Proxectos 2022 -parte 2-“, que inauguraremos o vindeiro venres, 14 de abril, ás 19:00h no Espazo EMAO.

NOME: Proxectos 2022 (proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-2022, parte 2)
DATAS: 14 de abril ao 26 de maio de 2023

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:

  • Pintura
  • Talla e escultura en madeira
  • Debuxo artístico
  • Serigrafía artística
  • Cerámica
  • Artesanía en coiro
  • Moda e Confección
  • Ourivería
  • CAIM-Zanfona

As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. .

HORARIO: Luns a venres laborables, de 19:00 a 21:00h.

PRODUCIÓN E MONTAXE: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo.
AXUDANTE DE MONTAXE: Eduardo Sánchez Arteaga.
COMISARIADO: Alba Pardo Cartelle e Pepe Pereira Somoza, mestres das especialidades de Serigrafía artística e Artesanía do coiro, respectivamente, coa colaboración do profesorado das especialidades de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, Moda e confección e CAIM-Zanfona.
CARTAZ: Federico Fernández Alonso.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events