INAUGURACIÓN 'MOMENTOS' DE ALEJANDRO VILLAR

18nov19:00INAUGURACIÓN 'MOMENTOS' DE ALEJANDRO VILLARARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) Zentral Bar

Detalles do eventos

O venres 18 de novembro inaugurase no Zentral Bar Samil a exposición ‘Momentos’, a primeira do artista vigués Alejandro Villar que nos últimos anos púidose dedicar máis intensamente á súa gran vocación que é a pintura. Unha dedicación que deu como resultado un retrato da viaxe do artista que coas súas obras encherá de emocións moi viguesas as paredes do Zentral Bar durante as próximas semanas.

Villar, nacido en Vigo nos anos 60, mantívose fiel desde entón á cidade olívica, tanto na faceta persoal como na profesional. A súa paixón pola arte e en especial a pintura comezou desde moi neno cando acompañaba ao seu tío, o artista Juan Villar, en moitas das súas sesións que deixaron unha pegada profunda en Alejandro, en especial as tardes que pasaba dándolle vida aos famosos cartelones que anunciaban as películas que se proxectaban no cinema Fraga. Isto foi algo que lle marcou para sempre e que forxou un apaixonado vínculo coa pintura e co cheiro ao aguarrás que aínda hoxe faille soñar.

Cunha dedicación intermitente á arte marcada sempre polas obrigacións laborais, foi crecendo como artista primeiro con profesores particulares para posteriormente completar a súa formación na EMAD, na especialidade de pintura da man de destacados mestres como Jacobo Serrano e Dario Basso. Unha formación que continúa implementando actualmente na EMAD, na especialidade de debuxo co mestre Federico Fernández.

En paralelo foise conformando Casavedra, o seu estudo-taller, onde a creatividade do artista voa soa. Un espazo onde tamén soubo lembrar os momentos determinantes desa viaxe creativa que son o xerme e o esqueleto de ‘Momentos’, que se poderá visitar durante as próximas semanas en horario de apertura do local todos os días desde as 16.30h.

Venres 18 ás 19:00

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Zentral Bar

Av. Samil, 65, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events