VIALIA
bannerPicnicSesions

Inauguración Mercado da Pedra: Tony Lomba e Manuel Manquiña

19nov19:00Inauguración Mercado da Pedra: Tony Lomba e Manuel ManquiñaESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+01:00) Praza da Pedra

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN!: O evento de inauguración acaba de ser cancelado pola organización. Pero o mercado estará aberto a partir de mañá sábado.

Manuel Manquiña e Tony Lomba inauguran O Mercado da Pedra.
Xa foron anos nos que o estraperlo comandaba este Mercado. O cambio tan radical da nova proposta comercial sorprenderá aos seres humanos de Vigo como aos visitantes, que seguen preguntando por esa roupa pirata na nosa cidade. Un outlet de “marcas” de consagrado prestixio no Mercado da Pedra? Pois si, Ralph Lauren, Armani EA7, Calvin Klein, Tommy Hilfiger, Valentino, etc…, a aposta é seria e tallante. “Imos traballar cos mellores. Queremos purgar a fama de outrora”. Fixeron un traballo e un esforzo totémico. A Pedra é un referente na nosa cidade e queremos sentirnos orgullosos diso. Que cando os estranxeiros pasen por alí, digan: heeey, aquí hai nivel e a que prezos! Estamos a deixarnos o sangue nesta aposta.
O Mercado da Pedra é a alfombra vermella de Vigo e queremos estar á altura. Son 15 os asociados que se involucraron neste barco para que vaia todo vento en popa.

Nas instalacións haberá unha obra do gran artista Marcos Míguez Puhinger. Reflectindo o pasado do Mercado, onde aparece o inclasificable Tony Lomba como Rubio de Batea na súa obra. Artista que está a conseguir deixar coa boca aberta a todo aquel que observa e trasládao a un mundo anonadado coa mestría do seu traballo. Tamén estarán, xa na rúa, dous acróbatas de Pablo Méndez (artista internacional cunha dilatada e laureada carreira artística). Sorprendendo aos alí asistentes e todo aquel que queira gozalo nos arredores do evento.

Despois da tesoirada á banda de inauguración, saltarán a escena: Manuel Manquiña e Tony Lomba. Que se pode esperar destes suxeitos? Pois, cantarán e farán cantar. Rirán e o público rirá. Estarán á altura? Cando se soben a un escenario non hai quen lles quite os zancos. Será unha velada de 45 minutos moi entretida.
Haberá 100 cadeiras que serán reservadas por invitación. Hai a posibilidade de gozalo desde fóra da zona perimetrada e con todo o protocolo que esixen as circunstancias actuais.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Praza da Pedra

Praza da Pedra 36202 Vigo Pontevedra

Other Events