COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Inauguración exposición "A gran estafa"

20out19:30Inauguración exposición "A gran estafa"ARTE E MUSEOS | De baldeEvento aprazado19:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

“A gran estafa” é unha exposición colectiva das autoras que participan no Estafador, a única revista semanal dixital de humor gráfico en España. Unha mostra onde se falará das estafas da vida desde diferentes perspectivas, sempre con agarimo e humor!

E para completar isto, Maraca propúxolle ao seu fundador Javirroyo e a dous das autoras galegas que participan na publicación preparar tres expos individuais.

“Heads” de Javirroyo

Heads é unha colección de cabezas de cerámica que falan do que está a pasar no seu interior.
Unha colección que fala de sentimentos e emocións, desas conversacións internas que tes contigo mesmo e da nosa relación cos demais.

Javirroyo é un artista e ilustrador que ten varios libros publicados sobre creatividade e feminismo: “Life is Sho”, “Homo Machus”, “Laborachismo” e”Dibujo, luego pienso”. En 2020 foi Premio Gráffica e en 2021 lanzou o seu propio colección de NFT, “Talking Heads”, que conecta a arte e o social. Tamén é embaixador de España de Positively Men da UNESCO.

“Sorrí, que estás máis guapa” de Laura Tova

Laura Tova é unha contadora de historias e a súa ferramenta favorita é a ilustración, a través dela e cun estraño equilibrio entre o doce e o salvaxe, converte o cotián nun soño. Desde 2014 podémola atopar envolvida en numerosos proxectos como álbum ilustrado, ilustración publicitaria ou impartindo talleres. Nesta exposición inédita poderemos ver unha serie de ilustracións onde nos falarán de invalidación emocional cun toque irónico e poético.

“O Hurror” de Sandra Lodi

Sandra Lodi é unha ilustradora e artista lucense afincada en Santiago de Compostela. É creadora do termino “hurror” (humor e horror) que describe á perfección a atmosfera inquietante das súas ilustracións, un cóctel acedo e doce que non deixa indiferente a ninguén. Nesta exposición poderemos ver (e comprar) algúns dos orixinais asinados e copias das publicacións que fixo para El Estafador, a revista satírica Mongolia e diversos xornais e revistas de tirada nacional.

Benvidas a este paseo por fermentos de talento, costumismo moderno, dose de realidade e humor, sempre humor, para combatela.

Máis

Hora

20 outubro, 2023 19:30(GMT+02:00)