VIALIA
bannerPicnicSesions

inauguración: EN LA POLÍTICA

08mar17:30inauguración: EN LA POLÍTICAARTE E MUSEOS | De balde17:30(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Acto central del 8M en Vigo.

Inauguración conxunta das exposicións de Puri Díaz e “Dar alento” de Ofelia Cardo.

A muller da miña vida‘ mostra que así é a vida: como a lembramos. E a memoria é pulsante, nunca é a mesma. A experiencia que asolaga ao individuo colectivo arraigado no lugar común, no grupo pequeno, nun espazo construído, desde a pequena casa, a casa de pequenos, ata a cidade e esa quimera nova, tan necesaria, do territorio extenso pero definido do planeta. Necesitamos as palabras, que son biombos dun teatro de sombras. A memoria recorre á orde, recorre á fotografía, recorre á individualidade; descríbese con palabras… Pero nada pode deter o tempo nin a pluralidade. O rumbo humano é un improbable Tarzán da xungla que impón orde no caos e quietude no pulso, aínda que iso si que é inequivocamente a clave imprescindible da vida emocional, a única vida practicable para nós.

‘Dar alento’ é un xesto na procura de insuflar vida a un mundo moribundo ao que coidar; tomar conciencia da precariedade da vida, da materialidade dos corpos, que son natureza e teñen necesidades biolóxicas que atender para non esquecer que sen elas o sostemento da vida é imposible.

Para iso recórrese a imaxes de árbores desgarradas, árbores que son corpos, que son natureza; a construcións vulnerables que mostran a fraxilidade do vivo; a pedras pesadas que esmagan e lastran visións dun mundo antropocéntrico e androcéntrico que se debe desmantelar.

A inauguración conta dunha actuación de Andrea Mosquera y María Roja, con el espectáculo site-specific.

O mércores 8 ás 17:30 horas na Sede de la Deputación en Vigo.

Máis

Hora

(Mércores) 17:30(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events