REVISTA ABRIL

Inauguración do Galician Freaky Film Festival

23set19:00Inauguración do Galician Freaky Film FestivalFESTIVAIS E FEIRAS | 10,00 €19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Como vén sendo costume, a #6 edition do GFFF inagúrase cunha viaxe aos albores do cinema. Nesta ocasión é a quenda do filme THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME do director Wallace Worsley que neste ano cumpre 99 anos desde a súa estrea.

Esta musicalización de THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME, ía estrearse en decembro de 2019 mais debido á pandemia da Covid-19 a estrea cancelouse. Será a primeira vez que poidamos gozar desta partitura que se estreará nesta edición do GFFF fiel ao nosos principios de achegar o cinema tal e como o viviron os primeiros cinéfilos da historia.

A banda Sonora que Caspervek Orquestra propón para THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME expón unha viaxe sonora ao París do século XV mediante o uso de elementos musicais do Renacemento francés e a monodia sacra medieval, combinados co estilo composicional habitual do grupo. Esta versión orixinal e inédita foi composta polo virtuoso pianista Brais González. Xunto a el estarán o percusionista e compañeiro en Caspervek Blas Castañer, así como unha pequena orquestra formada po Laura Lorenzo na frauta, Antía Lago no clarinete, Ainara González na trompa, Óscar Presas no trombón, Erea Carabajales no violín, Ángela Neto na viola, Jimena Andión no cello e Raquel Miguélez no contrabaixo.

Deste xeito, a estrea de THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME será o proxecto máis ambicioso representado por Caspervek no GFFF ata a data.

THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME
EUA / 1923 / 109’
WALLACE WORSLEY

Sinopse: París, 1482. Mentres baila nunha praza, a xitana Esmeralda é descuberta por Jehan. Obsesionado pola súa beleza, o home ordenará a Quasimodo, o campaneiro corcovado de Notre Dame, secuestrala. Pero cando Quasimodo é capturado e azoutado, Esmeralda será a única que lle demostre a súa bondade.
A célebre novela de Víctor Hugo, Notre-Dame de Paris, coñecida no noso país como A nosa Señora de París, é unha obra romántico-gótica levada á gran pantalla en múltiples ocasións. Esta adaptación do director Wallace Worsley, non sería a primeira versión silente da historia do famoso corcovado e a xitana Esmeralda, pero si a máis popular deste período.
Aínda que o filme presenta diferencias con respeto á novela orixinal, especialmente no que o final se refire, este é especialmente salientable principalmente por dous motivos: os espectaculares decorados e o actor que interpreta ao corcovado, Lon Chaney Sr. Os monumentais decorados que se empregaron no filme recrean o París do século XV. Uns magníficos sets que foron no seu momento os máis custosos da historia do cinema mudo desde Intolerance de Griffith. Un millón e medio de dólares, un récord para a época, para así reconstruír a catedral de Notre Dame coa súa ampla praza e a súa colosal fachada, así como todas as rúas do vello, sacro e sucio París.
Mesmamente, un dos puntos máis fortes do filme é Lon Chaney Sr. quen interpreta ao torturado campaneiro Quasimodo. O filme elevou ao actor ao status de estrela en Hollywood o que o levaría a protagonizar outros filmes clásicos da época muda como The Phantom of the Opera ou The Unknow. É memorable e famosa a macabra maquillaxe utilizada por Chaney, ideada por el mesmo e que mantivo en segredo ata a estrea da película. Unha transformación que lle esixía cada día catro horas de maquillaxe, sen esquecer a súa xiba de corcovado que, según din, pesaba máis de trinta kilos e estaba feita de xeito que lle obrigaba a estar sempre curvado.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events