Inauguración de 'Zapfarrancho' de Felipe Zapico
Detalles do eventos
Dicir Felipe Zapico (León 1960) é dicir “libertario e polifacético, espléndido e desinteresado”, e como el é a proposta que vos traemos ás Sala de Fotografía Sargadelos do
Detalles do eventos
Dicir Felipe Zapico (León 1960) é dicir “libertario e polifacético, espléndido e desinteresado”, e como el é a proposta que vos traemos ás Sala de Fotografía Sargadelos do 1 de outubro ao 2 de novembro de 2022.
Aínda sendo leonés, Zapico, reside en Badaxoz desde fai xa máis de catro lustros e a súa afección pola fotografía parte desde que tivo a marabillosa Kodak Instamatic sendo un neno. A volta relativamente recente á fotografía analóxica pódese ver en carretes.aminus3.com.
Xa no mundo dixital desde hai algúns anos, comparte as imaxes realizadas desde o 2007 na web zapico.aminus3.com , aínda que onde de verdade comparte é nos álbums de Facebook, no que ten catro series principais:
Dazibao, todo o que vexo nas paredes alí por onde pasa; Paseos, todo o que ve no mundo; Flower Power, o marabilloso mundo das flores e as plantas e Bichos onde aparecen toda clase de animais cos que se cruza.
Zapico é un espírito libre que non segue as normas establecidas “Nunca usei fotómetro, a profundidade de campo é algo moi profundo para o meu, as regras sonme adversas, ou as incumpro querendo,…, eu miro, disparo e ás veces quedo contento, quero contar, sería un fotógrafo documental, o meu é contar con palabras ou imaxes, quero contar un conto, espero que así sexa.
Así que o 1 de outubro, imos observar, imos desexar e imos apoderarnos da obra de ZAPICO nun goce sen paliativos, onde poderemos interactuar co autor e a súa maneira de moverse no mundo da imaxe, e todo dentro dunha experiencia visual e sensorial máis aló da fotografía.
Rompedor, explosivo, xeneroso e imprevisible, así vai ser o ZAPFARRANCHO.
Datas:
Do 1 de outubro ao 2 de novembro de 2022
Hora:
12:00 h a 13:30h
Máis
Hora
(Sábado) 12:00 - 13:30(GMT+02:00)
Localización
Galería Sargadelos
Rúa de Urzáiz, 17, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes