COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DENDE O LUGAR QUE BUSCAMOS DE TONO CARBAJO

07xuñ20:00INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DENDE O LUGAR QUE BUSCAMOS DE TONO CARBAJOARTE E MUSEOS| 20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O venres 7 de xuño (20:00 horas) terá lugar, no local de Évame Oroza, a inauguración da exposición Dende o lugar que buscamos de Tono Carbajo. A mostra poderá visitarse ata finais de xullo, de luns a venres, en horarios de 16:30 a 20:00h.

O título da exposición, Dende o lugar que buscamos,  ten o dobre significado da busca do lugar interior, o lugar onde residen os nosos desexos e a nosa natureza íntima e por outro lado refírese tamén á necesidade que todos sentimos de atopar o noso sitio, o noso centro onde vivir e criar os nosos fillos.

Máis

Hora

7 xuño, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events