Inauguración 'Agustina Bessa-Luís: Vida e Obra'

29set18:00Inauguración 'Agustina Bessa-Luís: Vida e Obra'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

O xoves, día 29 de setembro, ás 18.00h, será inaugurada, no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, a exposición Agustina Bessa-Luís: Vida e Obra. A inauguración incluirá unhas breves palabras da responsable do Camões/ CCP-Vigo, Dra. Célia Mendes, a que se seguirá un brindis de honra con viño verde portugués. Con esta exposición, o Camões/CCP-Vigo pretende homenaxear a escritora portuguesa o ano en que se conmemora o centenario do seu nacemento. A exposición estará patente nas instalacións ata ao día 19 de outubro e poderá ser visitada de luns a venres, das 10h ás 14h e das 15h ás 19h. Posteriormente, a exposición estará dispoñible para itinerancia por Galicia. A exposición Agustina Bessa-Luís: Vida e Obra foi producida polo Camões, I.P. e é composta por 20 paneis didácticos sobre a vida e a obra da escritora portuguesa, contando co apoio da Guimarães Editora. A concepción desta exposición estivo a cargo da escritora portuguesa Inês Pedrosa e do cineasta portugués João Botelho.

Máis