REVISTA MAIO

Inauguración 'Photographia' con Rui Maio Sousa

07xuñ11:00Inauguración 'Photographia' con Rui Maio SousaARTE E MUSEOS|De balde 11:00(GMT+02:00) Instituto Camões

Detalles do eventos

Este venres, día 7 de xuño, o Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo recibe o fotógrafo portugués Rui Maio Sousa.

O evento terá inicio ás 11h cunha masterclass dedicada a creación de imaxes artísticas a partir de transparencias e texturas. A participación é gratuíta.

Máis tarde, ás 19h00, decorrerá a inauguración da exposición Photographia, coa presenza de Rui Maio Sousa, que nos fará unha presentación da exposición.

Na exposición Photographia, Rui Maio Sousa convídanos a explotar o mundo dos soños e do subconsciente a través das súas fotografías. Con imaxes que transcendem a realidade convencional, o artista revela paisaxes oníricas e emocións profundas, desafiando a lóxica e evocando unha conexión introspetiva co espectador.

As fotografías capturan a essência dos soños e do subconsciente, utilizando técnicas innovadoras de luz, sombra e para crear unha conexión emocional que reflete memorias, medos e desexos internos.

O obxectivo da exposición é transportar o espectador para unha realidade alternativa e introspetiva, revelando as capas ocultas da mente humana a través da arte fotográfica.

Rui Maio Sousa, Natural da Póvoa de Varzim, fixo formación en Artes Visuais na Escola Artística de Soares dos Reis, no Porto, e o Bacharelato en fotografía na Escola Superior Artística do Porto.

Máis

Hora

7 xuño, 2024 11:00(GMT+02:00)

Localización

Instituto Camões

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events