Portamerica
REVISTA MAIO

Xa están dispoñibles no Verbum as obras da residencia artística Desafío Illas Cíes

16mai(mai 16)17:0030xuñ(xuñ 30)20:00Xa están dispoñibles no Verbum as obras da residencia artística Desafío Illas CíesARTE E MUSEOS| De balde (maio 16) 17:00 - (xuño 30) 20:00(GMT+02:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

Do 16 de maio ao 30 de xuño, no Verbum, haberá unha exposición cos proxectos da última edición do Desafío Illas Cies. Para os vídeos creouse un espazo audiovisual para visionalos.

A través de diversas manifestacións artísticas –fotografía, artes audiovisuais, banda deseñada e ilustración, e grafiti–, os artistas participantes capturan a esencia e a beleza natural das Illas Cíes, presentándoas desde múltiples perspectivas e sensibilidades. O certame que alcanza a terceira edición, rexistra un crecemento exponencial en calidade e participación, pasando de 22 a 56 candidaturas. Durante catro días, 40 artistas de Vigo, Galicia e toda España converteron as Illas Cíes nun gran estudio natural

Entre os artistas que contribuíron a esta edición atópanse talentos como Ben Vin, coas súas impresionantes fotografías estereoscópicas; Sofía Solveira, quen nos ofrece unha visión microscópica da natureza; e Ángel Torres, cuxas obras iluminan as Illas Cíes dunha maneira nunca antes vista. Os seus traballos, xunto cos doutros artistas como Susana Álvarez e Nox Nbek, forman unha narrativa visual que vai máis aló da mera representación, convidando o espectador a explorar, reflexionar e conectar profundamente coa contorna natural.

Entre os proxectos de vídeo do III Desafío Audiovisual Illas Cíes destacan as seguintes obras polo seu carácter innovador e a súa capacidade para capturar a esencia das Illas Cíes. Miguel Lage presenta “A Canción do Mar”, unha emotiva curtametraxe sobre a viaxe de Ariel e o seu pai ás illas para cumprir o último desexo da súa nai. Paula Pereira, gañadora desta edición, ofrece “Despois de Ti”, que segue a Natalia no seu intento de salvar a súa relación afectada pola aparición dunha misteriosa muller do mar. Mar García bríndanos “A Primeira Visita”, un haiku audiovisual que relata poéticamente a primeira visita ás Cíes. Sara Lemniai presenta “Quedaránnos as Cíes”, unha conmovedora historia na que un avó con Alzheimer revive un recordo vital na contorna das illas. María Francelina dirixe “Conversa nas Illas”, que utiliza a linguaxe dos faros para narrar unha historia centrada nos faros de Monte do Faro, Faro da Porta, Monteagudo e Faro de Bicos, destacando a súa relevancia e simbolismo.

Horario
De martes a venres . – De 17,00 a 20,00 h
Sábados, domingos e festivos. – De 12,00 a 14,00 h.

Máis

Hora

16 maio, 2024 17:00 - 30 xuño, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events