VIALIA
bannerPicnicSesions

Improvisación con Jamming

28nov10:00Improvisación con JammingACTIVIDADES PARA O COCO | 180 €10:00(GMT+01:00) ActuARTE

Detalles do eventos

Curso intensivo de iniciación á improvisación organizado por ActuARTE Espazo Creativo e coa participación da Compañía Jamming.

  • Data: 28 e 29 de novembro de 2020
  • Horario:
    • Sábado de 10 a 14h e de 16 a 18h
    • Domingo de 10 a 14h e de 16 a 18h.

Neste curso descubriranse cales son os cimentos e piares sobre os que se sustenta a técnica da improvisación teatral, os que nos permitirán dalos primeiros pasos en Jamming. O adestramento con jamming é un espazo seguro, de permiso, liberdade e diversión. Realizaranse dinámicas prácticas como exercicios e xogos teatrais, que permitan adestrar e adquirilas bases da improvisación teatral, sempre dende o goce e a diversión.
Realizaranse 2 xornadas de 6 horas, representando diferentes situacións con moito humor e realizando exercicios de interacción entre todos, alonxándonos da rutina diaria e coñecendo a fondo o potencial deste tipo de teatro.

O obxectivo do total do curso será saca-la parte creativa que está agochada en cada un, eliminando os medos e as barreiras. Nel haberá unha primeira toma de contacto cos seguintes conceptos:
• A escoita e a concentración (individual e en grupo).
• A aceptación de propostas: “Si e ademais”.
• A confianza nun mesmo e no resto dos compañeiros.
• A creatividade e a imaxinación para creación espontánea.
• Introdución á estrutura de historias
• Creación de personaxes
• Introdución ás escenas improvisadas

Formación experencial en tres fases:

  • Desbloqueala creatividade. A primeira fase é máis corporal, para ser conscientes dos bloqueos do noso corpo. Estes interfiren directamente coa creatividade. Cando o corpo está libre pode crear con moita máis facilidade que se está pechado, inhibido ou bloqueado. Realizaranse exercicios físicos e traballados desde o humor.
  • Preparalo corpo e adestralo para que estea listo para crear dunha maneira libre e sen xuízos, con exercicios de grupo onde un nutrirán a outros. Explicaranse diferentes dinámicas que axudan a ser máis creativos de maneira individual ou en grupo.
  • Executar e exercitar. Aplicarase o aprendido, todos pe e poñendo en común as ideas. Con exercicios de creación de historias, de asociación de ideas, con distintos motores de arranque, espazo, vínculos, emocións… todo decidido sobre a marcha. Aprenderase a confiar nun mesmo á hora de levar a cabo as ideas.

Prezo: 180 €
Inscripción: Envía teu CV e foto a actuarteespaciocreativo@gmail.com ou a 664 21 63 95

ActuARTE Espazo Creativo

ActuARTE nace da necesidade de ofrecer un espazo onde crear e ofrecer formación continua no eido profesional e para futuros profesionais do sector audiovisual e das artes escénicas.

Dentro da súa oferta atópanse diferentes cursos regulares ou monográficos de formación profesional, formación específica para estudantes de CAV e ESAD, formación actoral audiovisual (dirección de actores, fotografía e comunicación e locución), dobraxe, formación para xuventude, coach personalizado, asesoramento laboral, RRSS, book e videobook.

En pleno corazón de Vigo, ActuARTE, abre as súas portas para crear con tod@s nos un espazo á arte e á cultura onde poder ampliar e consolidar as nosas maiores inquietudes.

Pódese consultar toda a información deste e outros cursos na web https://www.actuarteespaciocreativo.com/

Máis

Hora

(Sábado) 10:00(GMT+01:00)

Localización

ActuARTE

Rúa de Joaquín Lóriga, 24. Bajo 36203 Vigo

Other Events