REVISTA ABRIL

Imaxes Roubadas

10mar19:00Imaxes RoubadasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Nones Araújo estará presentando o seu último libro ‘Imaxes roubadas’.
Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes… As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario. 

Será o próximo xoves 10 de marzo ás 19:00h, na Casa Galega da Cultura

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events