
11nov17:00Evento virtualIlustrar o mar… con Lula GoceACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00
Detalles do eventos
No marco da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2020 no CSIC, este mércores 11 ás 17:00 horas, celebrarase a actividade virtual “Ilustrar o mar… con Lula Goce”,
Ilustrar o mar… con Lula Goce
No marco da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2020 no CSIC, este mércores 11 ás 17:00 horas, celebrarase a actividade virtual “Ilustrar o mar… con Lula Goce”, organizada polo Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM-CSIC) e na que se unirán ciencia e arte.
A recoñecida artista visual Lula Goce creará dúas ilustracións para o centro, inspiradas en organismos mariños. Os bosquexos serán traballos orixinais que a artista debuxará diante dos espectadores e que serán transmitidos en streaming a través das redes sociais do centro.
Conéctate ás canles de Instagram (IGTV) ou Youtube do IIM-CSIC para seguir o evento. Entre os asistentes sortearanse 20 postais coas creacións producidas pola artista.
O evento conta coa participación da Delegación do CSIC en Galicia, e está co-financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

Máis

(Mércores) 17:00
Detalles do evento virtual
RUN
O evento xa tivo lugar!
You are the moderator of this event. Access the live stream