REVISTA NOVEMBRO

II Xornadas sODStendo o planeta: 'As migracións humanas'

27mai16:0018:00II Xornadas sODStendo o planeta: 'As migracións humanas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00 - 18:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

As II Xornadas sODStendo o Planeta, articuladas tematicamente en torno aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concíbense coma un espazo de encontro entre entidades sociais da nosa contorna e a universidade para sensibilizar e reflexionar sobre algúns dos retos pendentes da humanidade cara a consecución destes obxectivos. Estas xornadas desenvolveranse todos os xoves de maio, de xeito virtual a través de Campus Remoto e están dirixidas a todos os membros da comunidade universitaria e ao público xeral.

O último taller de Axenda 2030. II Xornadas sODStendo o planeta se centrará no ámbito das persoas: as migracións humanas. Este taller contará coa participación da profesora da UVigo Iria Vázquez Silva (As migracións en/desde Galicia en contexto: que podemos aprender do pasado?); Ana Pardo, da Asociación Provivienda (Superando fronteiras dende o acceso a vivenda); Miguel Rodríguez, da Fundación Esplai (Fronteiras dixitais?), e algún representante da editorial Antela (Narración do libro Fronteiras de papel).

O taller pode seguirse en directo a través da canle 3 de UVigoTv.

Xoves 27 ás 16:00

PROGRAMACIÓN

  • 6 de maio: Ámbito do planeta
  • 13 de maio: Ámbito da prosperidade. Outro desenvolvemento é posible
  • 20 de maio: Ámbito das persoas. A educación
  • 27 de maio: Ámbito das persoas. As migracións humanas

Máis

Hora

27 maio, 2021 16:00 - 18:00(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!