VEGANA

II Xornadas de Videoxogos e Literatura

11set(set 11)09:30II Xornadas de Videoxogos e LiteraturaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

En 2019, a Fundación Carlos Casares organizou unha xornada que baixo o título “Videoxogo e Literatura” pretendía explorar as posibilidades de crear sinerxías entre ambos os dous espazos. Este ano repiten a iniciativa con dúas xornadas, que teñan lugar no auditorio do MARCO os días 11 e 12 de setembro, onde haberá unha exposición, faladoiros, mesas redondas e concursos.

A exposición que xa se pode visitar no Museo que proximamente poderase visitar de forma online e 360º trata sobre a historia do videoxogo, destacando os 26 fitos principais desta nun percorrido que inclúe consolas e xogos clásicos. Catro destes puntos de interese son galegos, unha forma de por en valor o bo facer da nosa industria, que aínda que non conta con moitas empresas dedicadas a este sector, si que posúe moito talento e moitas iniciativas por parte de xente nova. Segundo os expertos, as expectativas de cara ao ano 2022 son bastante optimistas.

Nesta segunda edición, que ocupará dous días completos, preténdese ampliar o coñecemento público sobre o sector, debullar as perspectivas de crecemento e integración na cadea de valor da cultura, apuntar os desafíos que enfrontan os seus profesionais, e ofrecer, tamén, a posibilidade de interactuar coas figuras máis dinámicas e prometedoras do sector, en calquera das súas especialidades. Haberá actividades para todos os públicos pero tamén algunhas de contido máis técnico, para os profesionais do sector ou persoas que aspiren a selo.

Se queres coñecer a súa ampla programación, preme aquí.

Máis

Hora

11 setembro, 2020 09:30(GMT+02:00)