Igloo 'Planes para días grises'
31mar21:30Igloo 'Planes para días grises'CONCERTOS | 10€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
18 anos e 7 álbums avalan a esta banda plenamente consolidada da escena musical galega. ‘Planes para días grises’ é o seu novo disco, gravado en Metropol Studios
Detalles do eventos
18 anos e 7 álbums avalan a esta banda plenamente consolidada da escena musical galega. ‘Planes para días grises’ é o seu novo disco, gravado en Metropol Studios (Madrid) por Isaac Rico. Letras pulidas, produción exquisita e banda en plena forma que fai a maioría de idade coa ilusión e o convencemento dun traballo ben feito.
3 anos é o tempo que o grupo estivo traballando man a man con Juanma Latorre (compositor de Vetusta Morla) . Desde os seus cimentos, cada unha das cancións conleva un traballo fiado ao máis mínimo detalle. Once novos temas que nacen durante o pasado confinamento e que nos expresan sensacións que van desde o empeño por preparar os mellores aniversarios a un ser querido (“Aniversario”), as ansias por volver vivir o que ata o confinamento era algo ordinario e converteuse en especial (“Cuarentena”, “Los amantes mariposa”) e todo o que estás disposto a facer por vivir a vida mellor que antes (“Moneypenny”), (“Piedra Angular e ”El verano Infinito”) son un sopro de aire fresco en Igloo.
O venres 31 ás 21:30h en La Fábrica de Chocolate.
Máis
Hora
31 marzo, 2023 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes