bannerEspazoFest
Banner sonrias

novembro, 2020

25nov(nov 25)10:0029(nov 29)20:00As mulleres galegas, protagonistas esta semana no Museo do MarARTE E MUSEOS | De balde10:00 - 20:00 (29) Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Galicia, desenvolve durante esta semana unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con tres citas ata o domingo 29 de novembro:

Mostra “Identidades latentes”, comisionada por Neves Seara e Ana Seoane.

A exposición está integrada por unha decena de artistas femininas galegas ou residentes en Galicia que pasean a súa busca artística nas cuestións referidas ás súas identidades: de xénero, culturais, feministas, globais, sociais e individuais.

Ata o 6 de decembro no horario do Museo.
De martes a venres:10:00-14:00, 16:00-19:00
Sábado e domingo: 11:00-14:00, 17:00-20:00
Luns: pechado

Peza teatral “ Soa” , que se representará o domingo ás 12.00 horas, aborda como unha vítima de malos tratos atopa na súa nova veciña unha confidente. O espectáculo centra a atención na esperanza e ten como protagonista unha muller maltratada física e psicoloxicamente que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia.

Proxección do documental “Saberes de muller”, dirixido por Omar Rabuñal, proxectarase xoves e venres ás 17.30 horas. A través de entrevistas a 30 mulleres de máis de 65 anos da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte para recoller coñecementos, idiosincrasia, características lingüísticas e tradición oral galega.

Máis

Hora

25 (Mércores) 10:00 - 29 (Domingo) 20:00

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X