VIALIA
PLAYDOC

I Concurso de Fotografía e Frase Curta

08novTodo o día30I Concurso de Fotografía e Frase CurtaARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O CC Travesía de Vigo inaugurou unha nova exposición coas fotografías finalistas do I Concurso de Fotografía e Frase Curta, organizado en colaboración co IES República Oriental de Uruguay.

O concurso, cuxa temática foi elixida polo centro educativo, buscaba que os estudantes mostraran mediante fotografías que significa para eles a igualdade e con que a asocian no seu día a día, tendo ademais que escribir unha frase descritiva da súa obra.
O resultado é unha mostra de 15 fotografías inéditas e mensaxes de diversa índole, nos que pode verse como os máis xóvenes asocian a igualdade coa reivindicación de dereitos fundamentais como a liberdade, a non discriminación por causa algunha, a libre elección e libertade de expresión, ademais de destacar a importancia do respeto. A reivindicación da figura profesional das mulleres tamén contou con protagonismo.

A exposición estará disponible en Travesía Galería (pranta -1) durante todo o mes de novembro e tamén na web do CC Travesía.

Máis

Hora

novembro 8 (Martes) - 30 (Mércores)(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events