
Detalles do eventos
Fontes e miradoiros son a característica principal desta ruta que consta dun percorrido circular de 8 quilómetros, apto para todos os públicos e que transcorre principalmente por pistas
I Andaina solidaria do Maúxo contra o cancro
Fontes e miradoiros son a característica principal desta ruta que consta dun percorrido circular de 8 quilómetros, apto para todos os públicos e que transcorre principalmente por pistas e carreiros da Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo, con saída desde a chaira da Capela de San Sebastián de Fragoselo, o domingo 11 de xuño ás 10:30 horas.
É necesaria a inscrición previa, válida presencialmente nas oficinas de Vigo da AECC ou mediante rexistro en liña nesta ligazón, ata un máximo 600 participantes e dorsais.
Entre todos os participantes o Centro Comercial Travesía realiza os seguintes sorteos:
-Cinco invitacións dobres para gozar ata o 30 de xuño en Cinema Yelmo Travesía, mediante códigos numéricos a trocar na web e APP de Cinema Yelmo. Dez invitacións en total.
– Un agasallo de 50,00 € para compras en establecementos do C.C. Travesía. Poderán realizar compras en establecementos de Centro Comercial Travesía e presentar os tiquets con datas comprendidas entre o 12 e 30 de xuño.
A recollida de dorsais terá lugar o sábado 10 de xuño entre as 11:00 e as 21:00 h na primeira pranta do Centro Comercial Travesía.
Máis

(Domingo) 10:30
Capilla San Lorenzo, Coruxo
Camiño San Lourenzo, 57 36330 Vigo Pontevedra