Hoxe arrancan as actividades para celebrar o mes do orgullo

11xuñ20:00Hoxe arrancan as actividades para celebrar o mes do orgulloACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A Asociación Nos Mesmas ten preparado un intenso programa de actividades para celebrar o mes do orgullo, que arrancan este sábado día 11. O Orgullo Crítico recompila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI, loitando por unha sociedade diversa e acollente coa diversidade!

Programación Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2022:

11/06_20h Performance sobre a formación da identidade deSofía González Castro persoa non binarie, en príncipe fronte o Museo Marco. Con mesa informativa de Nós Mesmas

14/06_19:30 Presentación libro Memoria Diversa e coloquio coa autora, Eva Mejuto e protagonistas do libro. Coorganizado con Mulleres e Palabras ,terá lugar noMuseo Marco

16/06_20h Inauguración da exposición Retratos Diversos de Cris Sicilia, con actuación de Sara Casas, Casa das Mulleres

17/06 _18:30 Documental Bienvenidos a Chechenia e coloquio,coorganizado con Amnistia Internacional ,terá lugar no Salón actos AFundación

18/06 _11:30Pedalada con Orgullo, por unha cidade diversa e accesible! saída Paseo Alfonso XII e reamtamos no vermú Transmaricabibollo para unirnos a festa

18/06:12:30 Vermú Transmaricabibollo, Praza do Berbés

22/06_19:00 Documental Persoas S.A. e coloquio posterior, Museo Marco

26/06 Un día en familia, con actividades para as crianza no Monte do vixiador

28/06_20:00 Performance “Nos estan matando” de Xoel Ariezzz en Praza da Constitución

02/07_20:30h Manifestación “O Orgullo está de volta: Basta de LGTBIfobia!” Saída de Cruce Vía Norte.

02/07 Festa DiversXs en A Praza da Pedra:

Actuación de Meiga-i

Concerto de O Rabelo

Dj Lakenobaila

Para consultar toda a información sobre cada evento presta atención as súas redes sociais e a súa web!

Pouco a pouco irán actualizando a programación!!

Máis