VIALIA
bannerPicnicSesions

Holi Life

15mai11:00Holi LifeACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 19,00€11:00(GMT+02:00) Praia de Samil

Detalles do eventos

A carreira de cores Holi Life volve a Vigo. Este festival lúdico-deportivo celébrase durante o domingo 15 de maio e consiste nunha carreira de cores de cinco quilómetros non competitivos e unha festa final. A organización anima aos participantes para acudir disfrazados e vir en temática de praia. En definitiva, será unha verdadeira festa da cor, onde os DJ’ s picarán temas para que todo o mundo baile.

A proba terá lugar na avenida de Samil, (aparcadoiro xunto ás canchas de tenis). A carreira Holi sairá ás 11 da mañá (apertura de portas ás 10), coas cinco estaciones de cor Holi Blitz repartidas polo camiño, desde onde se lanzará po de cores ao paso dos participantes. Inscricións. Os pos de cores Holi están elaborados con fariña de millo e os seus tons conséguense mediante colorantes naturais. Non son alérxicos nin tóxicos; son biodegradables e contan con aprobación da Unión Europea para o seu uso.

A inscrición pode realizarse a través da web www.holilife.es , existindo diversas modalidades de inscrición: individual, grupal ou infantil. Os días 13 e 14 de maio, o centro comercial Travesía converterase no puntode recollida de dorsais para todos os corredores. O espazo estará habilitado na planta primeira, o venres 13 de 15:00 a 20:00 horas e o sábado 14 de maio de 11:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+02:00)