COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Holanola Band

20set21:30Holanola BandCONCERTOS | De balde21:30(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

O Holanola Lab-Fesitval xorde coma un acontecemento impredicible. A súa premisa principal é que o espectador e os músicos teñan un lugar de encontro atravesado por diferentes achegas culturais, para xerar un intercambio de saberes ao redor da música. A referencia atmosférica do encontro é Nova Orleans, cidade que deu orixe ó jazz, pero o festival non ten límites de estilo, o principal é construír unha comunidade máis aló do escenario.

Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas.

O ciclo de concerto Holanola Expandido leva a programación do festival a outras cidades como Ourense ou Vigo. Na cidade olívica actuarán o mércores 20 na Sala Radar Sabine McCalla, Leonie Evans, Ginarly, Sam Doores e Howe Pea.

Máis

Hora

20 setembro, 2023 21:30(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events