
Detalles do eventos
Dentro da historia da arte galega o gravado segue a ser, en boa medida, un gran descoñecido mesmo para persoas interesadas no noso pasado artístico. Carlos L. Bernárdez
Venres na EMAO: Historia do gravado en Galicia
Dentro da historia da arte galega o gravado segue a ser, en boa medida, un gran descoñecido mesmo para persoas interesadas no noso pasado artístico. Carlos L. Bernárdez ofrecerá un achegamento histórico que pon de manifesto a singularidade da nosa tradición no ámbito da estampa, percorrendo un amplo espazo cronolóxico, desde o século XVI até inicios do XIX.
Presentado por Alba Pardo (mestre de Serigrafía Artística da EMAO)
O 19 de maio ás 19:00 h, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Entrada libre ata completar aforo
Máis

(Venres) 19:00