Histérikas Histórikas: Ecofeminismo

21out20:30Histérikas Histórikas: EcofeminismoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Julieta e Cande son irmáns, ecofeministas e, xuntas, fundaron Alalá Cooperativa (@alala.coop), unha cooperativa adicada á educación con visión ecosocial que implica ao Medioambiente e ao Feminismo. Son un proxecto ecofeminista e traballan para construir outros presentes e outros futuros posibles na comunidade. Realizan obradoiros e formacións relacionando o coidado da natureza e a prevención das violencias machistas.

Outra das convidadas será Iria Vázquez Silva. Ela é profesora de socioloxía na UVigo e experta en xénero. Ademáis é integrante do colectivo Mulleres Bicivisíbeis e do grupo de Equidade de ConBici. Así mesmo, traballa sobre a prevención das violencias machistas, e coordinou recentemente o libro “Cómplices. A violencia machista institucional” publicado na @galaxiaeditorial. Este pasado 17 de outubro organizou unhas xornadas na Universidade de Vigo, “Ferramentas ecofeministas para outra educación”

Bea Salazar naceu nunha área rural de San Salvador pero, ao pouco tempo, mudou coa súa familia á cidade, onde comezou a ser realmente consciente das desigualdades, das inxustizas sociais, dos abusos… e dende moi cedo uniuse á guerrilla e comezou o seu activismo social. A búsqueda polos dereitos das mulleres e a xustiza social son dous dos seus grandes motores e leva máis de 30 anos loitando por eles. Actualmente, o seu activismo céntrase nos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres e forma parte de dous organizacións: unha local, “La Concertación de Mujeres de Suchitoto”; e outra nacional, “La Colectiva Feminista”; ambas parte da Iniciativa Mesoamericana de Defensoras de Derechos.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events