REVISTA ABRIL

'Histérikas Histórikas' con Amelia Tiganus

07out20:00'Histérikas Histórikas' con Amelia TiganusACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Histérikas Histórikas vai ter o privilexio de ter este venres 7 de outubro, presencialmente a Amelia Tiganus, escritora, activista, referente feminista e autora de ‘La revuelta de las putas. De víctima a activista.’

O podcast, presentado por Priscila Retamozo, centrarase nunha conversa con ela falando do seu libro, do seu activismo, de prostitución e de abolicionismo.

A entrada ao podcast é de balde e por orde de chegada, aínda que se agradece calquera contribución para continuar co proxecto e seguir achegando as mellores referentes a Galicia e a nosa cidade.

Vai soa, cunha amiga, coa túa nai ou a túa cita tinder, o importante e que vaias e te unas á histeria Histórika!

Venres 7 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events