CANS
XERAIS

Héctor Francesch

07mai(mai 7)18:0020xul(xul 20)21:00Héctor FranceschARTE E MUSEOS | De balde18:00 - (xullo 20) 21:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Ao longo da súa traxectoria creativa, Héctor Francesch (A Coruña, 1977) asinou unha obra plástica cun orixinal e recoñecible estilo; unha linguaxe visual única no que observamos unha gran riqueza de referentes do cómic, a arte urbana ou a cultura popular. A exposición «Colección de favoritas», un proxecto desenvolto especificamente para a Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo, presenta unha coidada selección de pezas creadas por Francesch entre 2004 e 2024. Son as súas preferidas de entre todas as súas creacións dos últimos 20 anos.

A exposición permanecerá aberta desde hoxe ata o 20 de xullo.

A exposición da Obra Social de ABANCA reúne un total de 37 obras, das que 12 son pinturas e as 25 restantes técnicas moi diversas que mostran a creatividade do autor e a súa investigación continua sobre materiais e soportes. En «Colección de favoritas» atopamos serigrafías, instalacións, videoarte, pintura expandida ou fotografías, ademais de pezas creadas a partir de ferro policromado, ou empregando monopatines como soporte. Tamén forman parte da exposición a súa emblemática peza-obxecto For the love of sugar, realizada con gominolas sobre un modelo de cranio humano ou a instalación Nube de lapis realizada con sedela e lapis de cores. Francesch «desafía a dualidade entre a liberdade creativa e o rigor formal», afirma Matilde Rodríguez, «empregando obxectos cotiáns como base da súa expresión artística».

Máis

Hora

Maio 7 (Martes) 18:00 - Xullo 20 (Sábado) 21:00(GMT+02:00)