REVISTA ABRIL

HAZ POR VIGO

18dec(dec 18)17:0019(dec 19)20:00HAZ POR VIGOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00 - 20:00 (19)(GMT+01:00) Aula D

Detalles do eventos

 ten como obxectivo combater as compras innecesarias e masivas con accións máis respectuosas co medio ambiente como crear, compartir, intercambiar ou arranxar.

A nova edición do HAZ en Vigo dará comezo o venres 18 de decembro nas instalacións de AULA D, na Rúa Elduayen e que rematarán o sábado 19.

Todos os obradoiros e charlas van ser gravadas e colgadas neste espazo da Greenwire. Ademais, algunhas delas se emitirán en directo a través do Facebook de Greenpeace Galicia. Estade atentas e atentos ao noso Facebook para ver cales van ser! Iremos informando!

Esta é a programación deste ano:

VENRES 18 (tarde)

  • 17h00 – 19h00: Mantemento e reparación básica da bicicleta (AGDP).
  • 17h30 – 18h30: Como podes consumir a túa propia enerxía limpa? (Nosa Enerxía).
  • 17h30 – 18h30: Contacontos “Os nosos bosques” (Miudiño S.Coop.Galega).
  • 18h30 – 19h30: Composteiros urbáns (GP Galicia).
  • 20h00 – 21h00: As ameazas dos fondos da ría e o noso papel para cambialas. Un percorrido visual pola situación do mar (13 GRADOS).

SÁBADO 19 (mañá)

  • 10h00 – 11h00: Electricidade: como cambiar un interruptor (GP Galicia).
  • 10h30 – 12h00: Cociña: empanada de millo (Julián Sio – O Muiño da Espelta).
  • 11h00 – 12h00: Contacontos solidario (AIDA Books).
  • 12h00 – 13h00: Reciclaxe de lixo electrónico (RetroGalaicos).

SÁBADO 19 (tarde)

  • 16h30 – 18h30: Mantemento e reparación básica da bicicleta (AGDP).
  • 17h00 – 18h00: Moda sustentable galega: xuntas por un téxtil máis ético! (FENTO).
  • 17h00 – 19h00: Economía circular e soberanía alimentaria (Epona Terra e A Sabia).
  • 18h00 – 19h00: A produción sostíbel en téxtil e complementos. A experiencia india de Oxfam Intermón (OI).
  • 19h00 – 20h00: Elaboración de xabóns e aproveitamento no fogar (Zeltia e Marga).
  • 20h00 – 21h00: #REinventa_Vigo (GP Galicia).

VENRES e SÁBADO

  • Exposición RetroGalaicos.
  • Exposición e proxección 13 GRADOS.
  • Na sala de audiovisuais haberá unha proxección con fotos e vídeos cas accións de Greenpeace e en especial das do GL Pontevedra.

Podedes inscribirvos aos obradoiros de dous xeitos:

Máis

Hora

18 (Venres) 17:00 - 19 (Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events