
10mai21:30HavalinaCONCERTOS | Desde 20,00€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
A banda madrileña Havalina despídese cunha xira que pasa por Vigo o venres 10. Havalina fan que todo soe coma se te
Detalles do eventos
A banda madrileña Havalina despídese cunha xira que pasa por Vigo o venres 10.
Havalina fan que todo soe coma se te penetrases nun bosque á noitiña, un lugar totalmente novo pero que resulta familiar e acolledor, influenciados por Sonic Youth, Queens of the Stone Age, The Cure ou The Smashing Pumpkins. Pero a influencia é relativa, e aínda que xa todo está inventado hai que saber seguir facéndoo, manipular e moldear o coñecido, os sons e aparellos, e para iso hai que ter o talento e o poder interior de transformar un monólito de mármore nunha escultura. Iso fan Havalina; transforman as notas en melodías que xeran sentimentos profundos que che absorben. Son capaces de facer que a música diga o que queren que diga, e que soen como queren que soe. E iso tampouco o alcanzan moitos.
Máis
Hora
10 maio, 2024 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
- Mes actual