REVISTA ABRIL

Hannah Arendt na teoría feminista contemporánea

15set19:00Hannah Arendt na teoría feminista contemporáneaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Presentación do libro ‘Hannah Arendt en la teoría feminista contemporánea‘ (Cátedra, 2022) de Teresa Portas; o xoves, 15 setembro 2022, ás 19:00.

InterveñenTeresa Portas e María Xesús Fariña

Neste libro explórase o diálogo que a teoría feminista estableceu con Hannah Arendt, unha pensadora que se manifestou explicitamente en contra do movemento de mulleres da súa época e que, en definitiva, non teorizara a cuestión do xénero. Tan só vertera unhas breves reflexións críticas nunha recensión, publicada no ano 1933, da obra de Alice Rühle Gerstel O
problema da muller na actualidade: un balance psicolóxico, críticas que con posterioridade o feminismo fará súas.

A teoría política arendtiana serviu de acicate a unha gran diversidade de teóricas, suscitando enormes posibilidades desde os máis variados paradigmas feministas, ata o punto de axudar a enfocar e reler o propio proxecto feminista. Ao fío da teorización arendtiana discútense cuestións como a corporalidade, o problema do suxeito do feminismo, a experiencia e a opresión, a emancipación ou a liberación, despregándose unha específica discusión acerca das estratexias e metas na mobilización feminista.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events