ASNEVES
REVISTA MAIO

Gustavo Almeida

28nov18:00Gustavo AlmeidaCONCERTOS | De balde18:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Vértice é o punto de encontro persoal e musical entre o absorbido a primeira parte da súa vida e todo o demais que escoitou e aprendeu a partir da súa chegada a España, ata hoxe. Gustavo segue unha coherencia en relación aos seus anteriores discos. VÉRTICE é un álbum composto por doce temas que son, en efecto, o que dá nome a este novo disco. Un punto onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil.

AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA
ENTRADAS:
– A entrada é de balde con reserva previa
– Máximo 2 participantes por reserva
– OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación antes do espectáculo.
RESERVAS.
Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:
– Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
– N.º de teléfono:
– N.º adultos/as participantes:

Fotografía: Marcello Santos Photography

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events