VIALIA
bannerPicnicSesions

Grupos de Vigo en loita

03xuñ20:30Grupos de Vigo en loitaCONCERTOS | De balde20:30(GMT+02:00) Molotov

Detalles do eventos

O club Molotov acolerá o vindeiro venres 3 de xuño un concerto organizado pola plataforma Grupos de Vigo en Loita, onde se reclamará a mellora das salas de ensaio de Vigosónico logo do recorte en horas dispoñibles e condicións dende a súa reapertura a principios deste mes. Tamén servirá para reivindicar a presencia de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, para o colectivo organizador “brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta podería servir de altofalante da cultura da cidade xuntando aos artistas da cidade cos grandes nomes internacionais”. Así, este concerto inclúe a sete bandas da escena punteiras en diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. Unha chea de bandas viguesas para contrarrestar a falta destas na programación municipal.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO

Other Events