VIALIA
bannerPicnicSesions

Great Straits

20mai21:00Great StraitsCONCERTOS | Desde 28,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Óscar Rosende é considerado por moitos como o “Mark Knopfler galego”. Aclamado pola crítica e os fans, conta co recoñecemento á sua calidade interpretativa da obra de Mark Knopfler e Dire Straits, tal e como manifestou Guy Fletcher (teclista de Dire Straits e Mark Knopfler dende 1983) tras confundir o son do guitarrista galego cunha grabación orixinal de Knopfler: “Estaban tocando “Why aye man” e teño que dicir que pensei que era unha grabación nosa”.

Con máis de 250 concertos nas súas costas, 3 xiras internacionais por Alemaña, incluindo algúns concertos en Luxemburgo, París, Lisboa e Porto, e infinidade de concertos en España, Óscar Rosende gañou unha reputación irrefutable como o máis valorado intérprete da obra do seu idolatrado Mark Knopfler.

Coa sua nova formación, Great Straits, da que forman parte un nutrido grupo dos máis destacados músicos e staff técnico da sua anterior banda Brothers in Band (da que foi o fundador e líder ate 2019), que sumados ás novas incorporacións cun plantel de músicos “de luxo”, decidiron embarcarse neste renovado proxecto para darlle un novo impulso e levar ainda máis lonxe a fiel interpretación do legado de DIRE STRAITS.

Great Straits é un proxecto que nace do mimo, coñecemento, cariño, coidado, ilusión e paixón que Óscar Rosende profesa pola obra de Mark Knopfler, para achegárnolo do mesmo xeito que él o sinte; emoción en estado puro.

Neste novo proxecto deseñaron un exclusivo espectáculo homenaxe (único a nivel mundial e con 9 músicos sobre o escenario) no que destaca unha elegante posta en escea e o característico son da banda británica: por fin, o show que emocionará aos fans de Dire Straits e Mark Knopfler.

Poucos artistas como Mark Knopfler e Dire Straits lograron ser a banda sonora de varias xeracións. Sultans of Swing abriu a porta a grandes éxitos coma “Romeo and Juliet”, “Money for Nothing”, “Brothers in arms” e unha longa listaxe de cancións emblemáticas que nos seguen emocionando.

Great Straits son: Óscar Rosende (Guitarra principal/Voz), Pablo Gisbert (Pedal steel), Manu Seoane (Guitarra rítmica), Fran Sanz (Bajo), Adrián Saavedra (Teclados /Piano), Ale Casquero (Teclados/Hammond), Marcos Pazo (Batería), Rubén Montes (Percusión), Diego Alonso (Saxo)

Máis